O GDR O Salnés é unha asociación sen fin de lucro constituída polo conxunto de institucións públicas e entidades privadas, dos ámbitos económico, social, cultural, veciñal, medioambiental ou profesional, que desexen implicarse no programa Leader da comarca de O Salnés.
O GDR funcionará respectando o principio de "portas abertas", de tal modo que, tanto na súa constitución como posteriormente, admitirá a calquera entidade con implantación na comarca que desexe participar neste proxecto común e cumpra os requisitos para ser Socio.
O GDR O Salnés elaborou un programa de desenvolvemento, no que se inclúen as principais posibilidades, oportunidades e necesidades do territorio dende o punto de vista económico, dotacional e social e no que se recolle unha planificación dos proxectos que se van desenvolver no territorio no ámbito do programa Leader. Esta estratexia presentouse á convocatoria do programa Leader Galiza para o período 2007-2013. O GDR conta cunha estrutura técnica que se dedique a labores de:
O GDR O Salnés conta cunha Asemblea Xeral e máis cunha Xunta Directiva. Ademais destes dous órganos que se derivan da Lei de asociacións, proponse como órgano do GDR as Mesas Sectoriais, organizadas en torno a aqueles ámbitos que se consideren de interese. As Mesas Sectoriais do GDR O Salnés son as seguintes:
Tamén conta cun equipo técnico encargado de realizar os labores de dinamización, mobilización, promoción e avaliación de proxectos para aplicar o programa de desenvolvemento deseñado.
Os órganos de decisión do GDR (Asemblea Xeral e Xunta Directiva) deberán cumprir dúas condicións:
O conxunto de axentes do sector privado terán máis do 50% dos votos.
Ademais, sempre que teñan presenza no territorio, deberán estar representados obrigatoriamente nos seus órganos de decisión: as cooperativas agrarias, as organizacións profesionais agrarias, as asociacións de mulleres e as asociacións de mozos e mozas. Deberán ser convocados ás reunións, con voz e sen voto, un representante de Agader e un membro da estrutura comarcal da Consellaría do Medio Rural.
As entidades que cumpran os requisitos para ser socios do GDR poden solicitar a súa adhesión presentando, por rexistro de entrada do GDR, a Ficha de Socio e o acordo da súa entidade segundo o Modelo de Certificado de Adhesión que poden descargar nesta sección.
Modelo de certificado de adhesión