Leader 2014-2015

¿Que é o programa LEADER 2014-2015?

O programa LEADER, é unha iniciativa comunitaria de axudas para o desenvolvemento rural, responde ao acrónimo "Ligazón Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural". Caracterízase por ser unha metodoloxía na que a poboación da comarca de O Salnés deixa de ser destinataria para converterse en protagonista do seu desenvolvemento, coa planificación e aplicación dunha estratexia definida desde o territorio, a través da unión dos axentes públicos e privados organizados nun Grupo de Desenvolvemento Rural: a Asociación do Grupo de Desenvolvemento Rural O Salnés (GDR O Salnés) composta por máis de 190 socios. Desta forma se trata de implicar aos diferentes sectores da zona e fomentar a cooperación e o traballo en rede.

Territorio elixible do LEADER 2014-2015 O SALNÉS

O ámbito territorial polo Programa LEADER 2007-2013 para os anos 2014-2015 abarca todo o territorio da comarca do Salnés quedando excluídas, as entidades singulares de poboación de máis de 2.000 habitantes esto é: Cambados (núcleo de Cambados), O Grove (núcleo de Grove), A Illa de Arousa (núcleo de Arousa), Sanxenxo (núcleos de Portonovo e Sanxenxo), Vilagarcía de Arousa (núcleo de Vilagarcía), no que respecta a Vilanova de Arousa, Meis, Meaño, e Ribadumia sería elixible todo el territorio. Os polígonos empresariais tamén están incluídos no territorio elixible.


Medidas e orzamento do programa

MEDIDA TIPOS DE PROXECTO GASTO PÚBLICO DO PROGRAMA
2014 2015 TOTAL
411. Dinamización do sector agrario e forestal Produtivos 300.020,48 € 367.739,40 € 667.759,88 €
412. Mellora medioambiental e do contorno rural Non produtivos 58.106,73 € 71.222,26 € 129.328,99 €
413. Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida Produtivos 583.439,04 € 715.129,59 € 1.298.568,63 €
Non produtivos 244.285,45 € 299.424,18 € 543.709,63 €
TOTAL 827.724,50 € 1.014.553,76 € 1.842.278,26 €
TOTAL ESTRATEXIA Produtivos 883.459,53 € 1.082.868,99 € 1.966.328,51 €
Non produtivos 302.392,19 € 370.646,43 € 673.038,62 €
TOTAL 1.185.851,71 € 1.453.515,42 € 2.639.367,13 €

Beneficiarios

Poderá ser beneficiario destas axudas calquera persoa física ou xurídica que promova un proxecto no ámbito de actuación do GDR O Salnés, tales como:

  • Persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, asociacións da comarca, cooperativas, pemes, clubes, federacións.
  • As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
  • As comunidades de montes veciñais en man común.

Tipos de proxectos por medidas e porcentaxes de subvención

As iniciativas deben estar ubicadas no ámbito territorial elixible (segundo o mapa dos Grupos de Desenvolvemento Rural publicado por AGADER), axustarse á normativa sectorial, ser finalistas e que o investimento non esté iniciado. Cada unha delas debe encadrarse nalgunha das seguintes medidas:

4.1.1 Aumento da competitividade do sector agrario e forestal

Proxectos de investimento en explotacións agrarias.

Posta en valor económico do monte.

Aumento do valor engadido dos produtos agrarios e forestais.

4.1.2 Mellora do medio ambiente e do medio rural

Investimentos non produtivos en explotacións agrarias.

Investimentos non produtivos en espazos forestais.

Investimentos non produtivos para a adecuación, recuperación e posta en valor patrimonio natural.

4.1.3 Mellora da calidade de vida nas zonas rurais e diversificación da economía rural

Diversificación cara actividades non agrarias.

Creación, ampliación e modernización PEMES.

Fomento de actividades turísticas.

Prestación de servizos básicos para a economía e a poboación rural.

Renovación e desenvolvemento de poboacións rurais e conservación e mellora do patrimonio rural.

En xeral os gastos subvencionables comprenden: Construcción, adquisición e mellora de bens inmobles, instalacións e compra de maquinaria, equipamento e material non funxible, adquisición de terreos non edificados, custos xerais (tales como estudos técnicos, gastos de proxectos, dirección de obra, estudos de viabilidade, patentes e licencia).

As iniciativas de axuda presentadas por rexistro do GDR O Salnés serán valoradas co baremo aprobado por AGADER, dispoñible na documentación entregada ao promotor.

A puntuación mínima do proxecto é de 20 puntos para ser subvencionables.

Para os proxectos produtivos a porcentaxe mínima de axuda é do 20% e a porcentaxe máxima é do 45%.

Para os proxectos non produtivos a porcentaxe mínima de axuda é do 40% e a porcentaxe máxima é do 100%, do 70% ou do 50% dependendo de si se trata dun proxecto de prioridade alta, media ou baixa, segundo a clasificación establecida por AGADER nas Bases do programa.

Prazos e fases


Baremo

Existe un baremo para proxectos produtivos e outro para proxectos non produtivos:

Baremo resumido
Baremo completo
Liñas priorizadas de finanzamento

Réxime de axudas e convocatoria

Réxime de axudas
Convocatoria