Documentación

O GDR O SALNES, na súa Xunta Directiva de data 12/03//2014, acordou abrir o novo prazo para a presentación de axudas no marco do Programa LEADER para os anos 2014-2015. O prazo comeza o 17 de marzo de 2014 ata o 31 de marzo de 2015.

Territorio elixible:

Concello de Cambados (excepto núcleo de Cambados), O Grove (excepto núcleo de O Grove), Illa de Arousa (excepto núcleo de Arousa), Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo (excepto núcleo de Sanxenxo e Portonovo), Vilagarcía de Arousa (excepto núcleo de Vilagarcía de Arousa) e Vilanova de Arousa.

Beneficiarios:

Os proxectos poderán ser promovidos por:

  • As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, sociedades laborais, mercantís ou civís, sociedades agrarias, cooperativas, asociacións e fundacións.
  • Entidades públicas de carácter local ou comarcal.
  • As CMVMC e as súas mancomunidades.

Tipoloxía de accións subvencionables:

  • Dinamización do sector agrario forestal.
  • Mellora medioambiental e do entorno rural.
  • Diversificación da economía rural e mellora da calidade da vida.

Réxime de Axudas:

Resolución do 20 de decembro de 2013, do Director Xeral de Agader, pola que se aproba o novo marco financeiro do programa LEADER Galicia 2007-2013, cofinanciado polo FEADER, e que se modifican as bases reguladoras para a selección de programas de desenvolvemento rural e para a selección e o recoñecemento de entidades colaboradoras, aprobadas polo Acordo do Consello de Dirección de Agader do 30 de maio de 2008.

Dotación orzamentaria: 2.795.587,69 euros (a descontar os proxectos sen resolución da convocatoria anterior)

Lugar e forma de presentación:

Os promotores deberán presentar a documentación correspondente, por rexistro de entrada, nas oficinas do GDR O SALNÉS.

Os modelos normalizados son os seguintes:


Modelo A: Solicitude.
Modelo B: Declaración de outras axudas concedidas e/ou solicitadas.
Modelo C: Proxecto e Plan de Empresa.
Modelo D: Plan de xestión dos proxectos non produtivos.
Modelo E: Resumo do orzamento.
Modelo F: Relación de ofertas.

Os modelos normalizados atópanse tamén na oficina do GDR.